especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O pradairo campestre (Acer campestre), é unha especie de arboriña pertencente ao xénero Acer, da familia Sapindaceae. Está moi estendida por Europa, chega ás provincias orientais de Galiza.
Pradairo campestre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pradairo campestre | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Acer campestre L. | |||||||||||||||
É unha árbore de sol ou sombra, moi adaptábel, prefire solos ben drenados, aturando os solos secos e compactos, así coma o ar poluído, polo que se axeita ben coma especie nas cidades e beirarrúas. Pódese cultivar facilmente como bonsai.
Arboriña de folla caediza de 7–10 m de altura, coa casca cinsenta acastañada, cortizosa, tornándose escamosa e gretada cos anos. As follas son 3-5 palmatilobadas, de 10-12 x 10–12 cm, algo glaucas, co envés lixeiramente tomentoso; marxe enteira, algo ondulada. Pecíolo de 8–10 cm de lonxitude, con látex. Flores de cor verde amarelenta, aparecendo antes que as follas en inflorescencias corimbosas terminais. Froito miúdo, en sámara dupla de 3–5 cm de lonxitude, pubescentes, de ás opostas.
É tamén unha especie melífera, usada na apicultura. En cosmética, úsase para as peles arrubiadas. En Alsacia penduran as pólas do pradairo campestre por riba da porta de entrada das vivendas para escorregar os morcegos.[1]
Acer campestre foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1055–1056, no ano 1753.[2]
Número de cromosomas de Acer campestre (Fam. Aceraceae) e táxones infraespecíficos: n=13; 2n=26[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.