![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Protesters_camped_out_infront_of_the_Pearl_Roundabout_in_Bahrain.jpg/640px-Protesters_camped_out_infront_of_the_Pearl_Roundabout_in_Bahrain.jpg&w=640&q=50)
Praza da Perla
praza en Manama, Bahrain / From Wikipedia, the free encyclopedia
Praza da Perla (árabe: دوار اللؤلؤ , Dawār al-luʾluʾ) é o nome popular polo que se coñece a Praza do Consello de Cooperación do Golfo, unha praza preto do distrito financeiro de Manama, en Bahrain.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Protesters_camped_out_infront_of_the_Pearl_Roundabout_in_Bahrain.jpg/640px-Protesters_camped_out_infront_of_the_Pearl_Roundabout_in_Bahrain.jpg)
![]() |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A praza atópase no centro da capital, Manama, e ten ós seus arredores o Mercado Central de Bahrain, Mariña, ademais dun complexo de apartamentos de luxo construídos despois coñecidos como Abraj Al-Lulu (Torres da Perla).[2] Tamén preto da praza atópase o Bahrain World Trade Center ou o distrito financeiro e portuario de Bahrain.