From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Erasmus é un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte en Europa e tamén no resto de mundo.[1] Está considerado como un dos recoñecementos máis distinguidos de Europa[2] e leva o nome do teólogo e humanista neerlandés, Desiderius Erasmus.
A cerimonia de entrega adoita ter lugar no Palacio Real de Ámsterdam, onde o premio é presentado polo mecenas da fundación (o Rei Guillerme Alexandre dos Países Baixos). Ademais, organízase un amplo abano de actividades arredor da cerimonia en cooperación con outras organizacións académicas e culturais. Entre elas inclúense clases maxistrais, congresos académicos, obradoiros, exposicións, actuacións de baile, música e teatro, así como outras actividades educativas.
A primeira cerimonia de entrega do premio foi no ano 1958. Até o 2016, foi repartido un total de 74 veces en 54 anos.[1]
Imaxe | Ano | Nome | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|
1958 | Pobo austríaco | Patrimonio cultural. Galardoado na Universidade de Milán. Os fondos do premio foron empregados para financiar a estudantes austríacos en Europa, estudantes estranxeiros en Austria e escavacións no Éfeso. | [3][4] | |
1959 | Robert Schuman | [3] | ||
1959 | Karl Jaspers | [3] | ||
1960 | Marc Chagall | [3] | ||
1960 | Oskar Kokoschka | [3] | ||
1962 | Romano Guardini | [3] | ||
1963 | Martin Buber | [3] | ||
1964 | Unión Académica Internacional | [3] | ||
1965 | Charles Chaplin e Ingmar Bergman | [3] | ||
1966 | Herbert Read e René Huyghe | [3] | ||
1967 | Jan Tinbergen | [3] | ||
1968 | Henry Moore | [3] | ||
1969 | Gabriel Marcel e Carl Friedrich von Weizsäcker | [3] | ||
1970 | Hans Scharoun | [3] | ||
1971 | Olivier Messiaen | [3] | ||
1972 | Jean Piaget | [3] | ||
1973 | Claude Lévi-Strauss | [3] | ||
1974 | Ninette de Valois e Maurice Béjart | [3] | ||
1975 | Ernst Gombrich e Willem Sandberg | [3] | ||
1976 | Amnistía Internacional e René David | [3] | ||
1977 | Werner Kaegi e Jean Monnet | [3] | ||
1978 | Teatro de monicreques:
|
[3] | ||
1979 | Die Zeit e Neue Zürcher Zeitung | [3] | ||
1980 | Nikolaus Harnoncourt e Gustav Leonhardt | [3] | ||
1981 | Jean Prouvé | [3] | ||
1982 | Edward Schillebeeckx | [3] | ||
1983 | Raymond Aron, Isaiah Berlin, Leszek Kołakowski e Marguerite Yourcenar | [3] | ||
1984 | Massimo Pallottino | [3] | ||
1985 | Paul Delouvrier | [3] | ||
1986 | Václav Havel | [3] | ||
1987 | Alexander King | [3] | ||
1988 | Jacques Ledoux | [3] | ||
1989 | Comisión Internacional de Xuristas | [3] | ||
1990 | Sir Grahame Clark | [3] | ||
1991 | Bernard Haitink | [3] | ||
1992 | Arquivo Xeral de Indias | [3] | ||
1992 | Simon Wiesenthal | [3] | ||
1993 | Peter Stein | [3] | ||
1994 | Sigmar Polke | [3] | ||
1995 | Renzo Piano | [3] | ||
1996 | William Hardy McNeill | [3] | ||
1997 | Jacques Delors | [3] | ||
1998 | Mauricio Kagel e Peter Sellars | [3] | ||
1999 | Mary Robinson | [3] | ||
2000 | Hans van Manen | [3] | ||
2001 | Claudio Magris e Adam Michnik | [3] | ||
2002 | Bernd e Hilla Becher | [3] | ||
2003 | Alan Davidson | [3] | ||
2004 | Abdolkarim Soroush, Sadik Al-Azm e Fatema Mernissi | [3] | ||
2005 | Simon Schaffer e Steven Shapin | [3] | ||
2006 | Pierre Bernard | [3] | ||
2007 | Péter Forgács | [3] | ||
2008 | Ian Buruma | [3] | ||
2009 | Antonio Cassese e Benjamin Ferencz | [3] | ||
2010 | José Antonio Abreu | [3] | ||
2011 | Joan Busquets | [3] | ||
2012 | Daniel Dennett | [3] | ||
2013 | Jürgen Habermas | [3] | ||
2014 | Frie Leysen | "Theatre, audience and society" | [3][5] | |
2015 | Comunidade de Wikipedia | Por "promocionar o coñecemento a través dunha enciclopedia libre, accesible e universal". | [1][2] | |
2016 | A. S. Byatt | [6][7] | ||
2017 | Michèle Lamont | [8] | ||
2018 | Barbara Ehrenreich | Por dar "unha voz a grupos da sociedade que doutra forma non serían escoitados" | [9] | |
2019 | John Adams | "Por crear unha nova linguaxe musical ao fusionar elementos do jazz, do pop e da música clásica". | [10] | |
2021 | Grayson Perry | "Perry desenvolveu unha linguaxe visual única, demostrando que a arte pertence a todos e non debería ser un asunto elitista". | [11] | |
2022 | David Grossman | "Busca comprender as persoas dende dentro e mirar ao outro con amor, máis alá das fronteiras da guerra e a historia." | [12] | |
2023 | Trevor Noah | "... pola súa inspirada contribución ao tema In Praise of Folly, chamado así polo libro máis famoso de Erasmo, que está cheo de humor, crítica social e sátira política. Coa súa comedia política aguda, burleira pero inclusiva, Noah, aos ollos do xurado, defende o "espírito erasmiano". | [13] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.