Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional
condecoración numismática / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (en alemán: Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte –GIG-Ehrenpreis–) é un galardón instituído en 1974 por esa entidade con sede en Frankfurt, en recoñecemento a personalidades destacadas da numismática.[1]
Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional – –GIG-Ehrenpreis– | |
---|---|
Medalla do GIG-Ehrenpreis | |
Outorgada pola Sociedade de Historia Monetaria Internacional | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos de calquera país. |
Outorgada por | Publicación significativa. |
Descrición | Medalla baseada nun tetradracma ático. |
Estadísticas | |
Establecida | 1974 |
Primeira outorgada | 1974 (Peter Berghaus) |
Última outorgada | Concesión anual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
Os membros da dirección da Sociedade de Historia Monetaria Internacional poden propor candidatos, independentemente da súa nacionalidade, sempre que cumpran unha serie de requisitos, entre os que destaca a publicación de traballos que se estimen de utilidade para a numismática e, especialmente, para o coleccionismo. O gañador é escollido nunha reunión da xunta directiva da entidade e na cerimonia de concesión realiza unha exposición pública do seu traballo.[1]