Quinoa
Pseudocereal, un dos principais alimentos dos pobos andinos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A quinoa[1] (do quechua kinwa[2]), Chenopodium quinoa, é unha planta nativa de Bolivia, Colombia, Perú e Chile, que produce un gran considerado moi importante na alimentación e na vida do home do altiplano andino. Trátase dun pseudocereal pertencente á subfamilia Chenopodioideae das amarantáceas. Prodúcese nos Andes de Bolivia, do Perú, da Arxentina, de Chile, de Colombia e do Ecuador, así coma nos Estados Unidos de América. Bolivia é o primeiro produtor mundial,[3] a seguir polo Perú e mailos Estados Unidos.
Quinoa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Chenopodium quinoa Willd., Sp. Pl., ed., 4, 1(2), p. 1301, 1798 | |||||||||||||||||||
Distribución natural da planta |
Cultivábana os quechuas e aymarás, existindo unhas 3.120 variedades. Após a invasión española, os alimentos autóctonos, como a quinoa, o amaranto e a maca (Lepidium meyenii), caeron paseniño en desuso e foron substituídos polos grans consumidos en Europa, como o trigo e o orxo.[4] Disque noutroura empregouse tamén para usos cosméticos na zona do altiplano peruano-boliviano-arxentino.[5] Medra desde o nivel do mar no Perú até os 4000 m de altitude nos Andes, aínda que a súa altura máis común é a partir dos 2500 m.