From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ésera é un río da comunidade autónoma de Aragón (España), afluente do Cinca, ao que se une pola súa beira esquerda, na área da conca do río Ebro, logo dun curso de 99 km.
O Ésera nace na ladeira norte do macizo de La Maladetta, a 2.500 m de altitude. Atravesa no seu curso diversos concellos da provincia de Huesca, como Benasque e Campo.
É un río tipicamente pirenaico, alimentado polo glaciar do Aneto e o montante pluviométrico do seu val alto. Mostra un réxime pluvionival.
En Graus recibe un tributo importante do río Isábena pola esquerda. Máis abaixo, as súas augas son retidos pounha presa, o encoro de Barasona, que da orixe ao canal de Aragón e de Cataluña.
O nome Ésera, é posibelmente celta, común co Isar (Alemaña e Austria), o Jizera (República Checa), Isère (Francia), Isel (Austria), Yser (Bélxica), Ijssel (Países Baixos), Isarco (Italia), ou máis próximo, en Galicia, Ézaro, que corresponde ao nome antigo do río Xallas, hoxe conservado na localidade da súa desembocadura. Todos remontan a unha raíz indoeuropea *eis- "correr".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.