curso fluvial do noroeste da península Ibérica From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.
Río Eo | |
---|---|
País | España |
Comunidades Autónomas | Galicia Asturias [1] |
Nacemento | Fonteo (Baleira) [1][2] |
Altitude | 597 m |
Lonxitude | 99 km [1] |
Conca | 828 km² [1] |
Caudal medio | 19,61 m³/s [1] |
Caudal relativo | 23,68 L/s/km² |
Desembocadura | Ría de Ribadeo / Mar Cantábrico[1] |
Altitude desembocadura | 0 m |
Conca do río Eo no territorio galego, marcada en azul escuro | |
Antigamente o curso chamouse río de Abres.[3] O nome actual Eo provén do hidrónimo Euue, que podería vir do paleoeuropeo *oiw-upe[4] Na Idade Media documéntase cos nomes Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á ría. Na Idade Moderna aparece tamén co nome de río de Miranda. Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.
O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.