Santiso de Abres
concello de Asturias From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santiso de Abres[1] (oficialmente San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O xentilicio é «santiseiro».[2][3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santiso (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abres.
O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.
Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab./km². Atravésao de oeste a leste o río Eo. A súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.
Remove ads
Demografía
Variación demográfica do concello entre 1991 e 2020 | |||||
---|---|---|---|---|---|
2020 | 2006 | 2004 | 2001 | 1996 | 1991 |
421 | 590 | 612 | 624 | 675 | 746 |
Parroquia
A única parroquia de Santiso de Abres é San Salvador, que conta cos seguintes nomes:
Lugares
A parroquia de Santiso de Abres está composta polos seguintes lugares:
Remove ads
Historia
Os primeiros vestixios históricos atopados no concello, pertencen ó paleolítico, corresponden a necrópole tumularia do Couzogordo e na Xunqueira no linde co veciño concello de Taramundi. É a única zona de toda a comarca onde se atopáronse restos tan antigos.
A presenza romana na zona deixase sentir por mediación das explotacións mineiras de ferro e as auríferas. Así e todo o achado máis importante da época romana é a presenza de tres asentamentos da cultura castrexa no concello: Croas de Castro, orientado a labores agrícolas. Croas de Eilale, relacionado coas explotacións mineiras de Salgueiro, e o Castro de Salcido, dedicado a labores extractivas e de transformación, que conta cunha pequena escada de lousa que da acceso a unha acrópole e un recinto amurallado de máis de tres metros de grosor.
Santiso forma parte da doazón efectuada por Afonso VII á igrexa de Oviedo, pero en 1172 o mosteiro de Meira, situado en Galicia, consegue a metade do territorio para deixalo en mans de 50 repoboadores ó fundar Goxe e Naraído en 1232. Aproveitando as boas condicións das veigas do concello, o mosteiro instalou tres granxas no Chao, A Pumarega e A Brea. En 1537 o conde de Altamira, Don Lope Moscoso, comprou o coto por 672.000 marabedís, aínda que non se incluíu a parte do mosteiro de Meira.
En 1579 Filipe II necesitado de ingresos para paliar os gastos ocasionados polas guerras, obtén, coa bendición do Papa Bieito, o privilexio de vender ou incorporar a coroa os señoríos eclesiásticos, e entre eles este territorio, o que aproveitarían os veciños de Santiso de Abres para adquirilo, expedíndose título de vila e cédula de xurisdición. En Santiso os veciños exerceron a súa xurisdición nomeando xuíces e rexedores, porén, a xurisdición quedou compartida co mosteiro de Meira e co conde de Altamira, algo que apreciábase nas percepcións do décimo. Santiso obtén representación na Xunta Xeral do Principado a través do partido da bispalía, cedendo todo o protagonismo a Castropol, que exercía de cabeza do mesmo.

No século XIX, ve como se implanta a industria no concello coa posta en marcha dun tear que dá traballo a varios vendedores ambulantes. Nos tramos finais do século a emigración a ultramar pon en perigo a estrutura demográfica no territorio, sendo a construción do ferrocarril mineiro a comezo do século XX[6] (posta en marcha, 1903, para uso de pasaxeiros, 1905) o efecto amortecedor da mesma.
A principios do século XX proxéctase na capital a instalación dunha industria óptica, finalmente rexeitada por culpa da guerra civil española. Durante os últimos tempos novamente comezan a aparecer movementos migratorios, aínda que esta vez cara ao centro da rexión e Europa, que fan descender perigosamente a poboación, modificando a estrutura social do concello.
Remove ads
Lingua
En Santiso de Abres do mesmo xeito que no resto de Asturias, a única lingua oficial é o español ou castelán[7]. Con todo, a lingua tradicional de Santiso de Abres é o galego central[8] , que é o mesmo tipo de galego que se fala nos concellos veciños da Pontenova e toda a zona de Meira. O galego falado neste concello non é da variedade eonaviega como na maioría dos concellos das terras de Eo-Navia[9].
Remove ads
Patrimonio
A Pena do Encanto é un salto de auga situado no concello, preto do núcleo de poboación de Salcido. A partir de alí hai unha ruta a pé sinalizada (que se desdobra para poder ir a Trabada) e que, en pouco máis de 1 km leva ó salto de auga, a través de camiños sen gran dificultade.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads