Raio verde
fenómeno óptico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Raio verde, ou brillo verde, é un fenómeno óptico atmosférico que ocorre pouco despois do solpor ou pouco antes da saída do sol, no que se pode ver un punto verde, normalmente por un ou dous segundos, sobre a posición do sol. Tamén pode verse como un raio verde que sae do punto onde se puxo o sol. Estes escintileos verdes son en realidade un grupo de fenómenos que xorden por diferentes causas, sendo algúns máis comúns que outros. Os raios verdes pódense ollar desde calquera altitude (mesmo dende un avión). Acostuman versen cando o horizonte non presenta obstáculos, coma no océano, mais aparecen así mesmo sobre nubes e sobre montañas.
Igualmente pódese ver un escintileo verde producido por outros obxectos brillantes no horizonte, como a Lúa, Venus ou Xúpiter.[1][2]
O concepto do brillo ou raio verde foi popularizado pola novela Le Rayon vert de 1882, de Jules Verne, na que se describe a súa cor como "...un verde que ningún artista podería endexamais obter na súa paleta, un verde do cal nin as variadas tinguiduras da vexetación nin os tons do máis limpo mar poderían nunca producir un igual! Se houber un verde no Paraíso, non pode ser senón este ton, que moi seguramente é o verdadeiro verde da Esperanza!"