médico e político asturiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Pérez Costales, nado en Oviedo en 1832 e finado na Coruña o 18 de xaneiro de 1911, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1832 Oviedo, España |
Morte | 18 de xaneiro de 1911 (78 anos) Madrid, España |
Ministro de Fomento de España | |
28 de xuño de 1873 – 18 de xullo de 1873 ← Eduardo Benot (pt) – José Fernando González Sánchez (pt) → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , médico |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Malia comezar os seus estudos na Universidade de Oviedo, tivo que trasladarse a Santiago de Compostela debido a compromisos laborais do seu pai, cidade onde remataría a licenciatura de medicina en 1854. En 1866 trala sublevación dos sarxentos do cuartel de San Gil en Madrid exíliase a Portugal.[1] Dous anos despois, en 1868 volta instalándose na Coruña e formando parte do Partido Repúblicano Federal de Francesc Pi i Margall, alí traballaría duramente na actividade política do partido ata ser apartado da dirección, intre no que comeza a espallar a idea de crear a Unión Republicana de Galicia.
Foi elixido deputado pola Coruña en 1872 e en 1873 (Cortes Constituíntes da I República) volveu ser deputado por Carral. Presentou ás Cortes a proposta de Estatuto de Galicia de José Sánchez Villamarín, na que se pedía "una Galicia independiente pero parte integrante de la nación", aínda que o intento de autodeterminación non prosperou pola pouca duración da I República. Os republicanos federalistas elaboraron de novo en 1883 un proxecto de Constitución para o Estado Galaico, que foi aprobado pola primeira asemblea federal galega celebrada en 1886, que elixiu un Consello de Goberno executivo presidido por Moreno Barcia e outros catro membros, un por cada provincia galega, sendo designado Pérez Costales en representación da Coruña.
Cando Pi i Margall se fixo cargo da República foi designado ministro de Fomento o 28 de xuño de 1873.
En 1894 senta o precedente da Real Academia Galega ao promover xunto coa escritora Emilia Pardo Bazán a Comisión Xestora para a creación da Academia Gallega sobre a base da sociedade Folklore Gallego. Posteriormente, na creación da actual Real Academia Galega, en 1906, sería nomeado académico de honra ao ser a materialización dunha das súas ideas.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.