José Luis Bugallal Marchesi
xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.
Remove ads
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia de xornalistas. O seu bisavó fora Isidoro Araújo de Lira, xornalista galegocubano de Bouzas, e o seu pai o tamén xornalista Isidoro Bugallal. Estudou o bacharelato en Alemaña e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela[1]. Como xornalista, colaborou con medios locais, como El Noroeste, El Orzán e Marineda, e tamén no ABC e na Hoja del Lunes de Madrid, pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi El Ideal Gallego. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo.

En 1951 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Manuel Casás, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo López[2]. Tamén foi membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Remove ads
Vida persoal
Casado con Adela Vela Lojo, foi pai de Jaime, Isabel, Luisa, Pilar e José Luis Bugallal Vela.
Obras
- El coloso de Rande, 1927.
- El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía[3], 1951.
- La gaita en Britania, 1956.
- Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores, 1964.
- Compostela: piedra y alma, 1983.
Galardóns
- Medalla de Platino ao Mérito Deportivo.
- Premio de honra da Agrupación Española de Periodistas Deportivos.
- O concello da Coruña tenlle adicada unha rúa.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads