Raquel (nome)
nome feminino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Raquel é un nome de pía galego feminino que provén dunha personaxe bíblica que aparece mencionada por vez primeira no Xénese da Biblia hebraica, Raquel. O nome provén do hebraico: רָחֵל (Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella[1]). Segundo a Biblia, Raquel foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacobe. Xacobe era o seu curmán, e ela era a sobriña máis nova de Rebeca.
- Este artigo trata sobre o nome de muller, para a personaxe bíblica véxase o artigo Raquel.