Reino de Galicia-Volinia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O principado de Galicia-Volinia, logo reino de Galicia-Volinia, foi un estado medieval monárquico da Europa Oriental, que abranguía as rexións de Galicia (Europa Central) e Volinia. Na historiografía tamén é habitual atopalo referenciado como Gálich-Volhyn, Galicia–Volynia, Galicia–Volýn, Gálich–Volýn, Hálych–Volhyn, Halych–Volhynia, reino da Rus, Galicia-Vladímir, Regnum Galiciae et Lodomeriae ou Regnum Rusiae. Xunto coa República de Nóvgorod e o Principado de Vladímir-Súzdal, foi unha das tres potencias máis importantes logo da caída da Rus de Kíiv. Despois da devastación causada pola invasión mongol da Rus de Kíiv entre os anos 1239 a 1241, Daniel de Galicia (Danilo Románovich) viuse obrigado a xurarlle lealdade no 1246 a Batu, khan da Horda de Ouro. Non obstante, esforzouse por liberar o seu reino do xugo mongol, intentando, sen éxito, establecer alianzas militares con outros gobernantes europeos.[1]
Галицько-Волинське князівство (uk) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Hálych Lviv Chełm (pt) Volodimir-Volinski (pt) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | antigo eslavo oriental | |||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1199 | |||
Disolución | 1349 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||