Renata Scotto
soprano e diretora de orquestra italiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Renata Scotto, nada en Savona o 24 de febreiro de 1934 e finada na mesma cidade o 16 de agosto de 2023, foi unha soprano e directora de ópera italiana. Recoñecida polo seu sentido do estilo e musicalidade e polas súas habilidades teatrais, Scotto estaba considerada unha das máis destacadas cantantes da súa xeración, especialmente no repertorio do bel canto, con incursións no verismo e no repertorio de Giuseppe Verdi.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1934 Savona (Reino de Italia) |
Morte | 16 de agosto de 2023 (89 anos) Savona (Italia) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Ópera, opera directing (en) , canto e pedagoxía |
Lugar de traballo | Milán Nova York |
Ocupación | cantante de ópera , directora de ópera , biógrafa , profesora de música , pedagoga |
Empregador | Academia Nacional de Santa Cecilia Escola Juilliard |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Mercedes Llopart (en) |
Lingua | Lingua italiana e lingua inglesa |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Lorenzo Anselmi (1960–2021) |
Premios
| |
Pechar
Dende a súa retirada dos palcos en 2002, tivo éxitos como directora de ópera e como profesora, tanto en Italia como nos Estados Unidos, con postos académicos na Academia Nacional de Santa Cecilia en Roma e na Escola Juilliard en Nova York.