República Popular de Polonia
nome do estado polaco nos anos 1952–1989 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Popular de Polonia (en polaco: Polska Rzeczpospolita Ludowa) foi o Estado socialista que se estableceu en Polonia tras a finalización da segunda guerra mundial.
Himno | Mazurek Dąbrowskiego | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Varsovia (1945–1989) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.000.000 (1954) (86,35 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua polaca | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 312.685 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 22 de xullo de 1944 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 1989 | ||||
Sucedido por | Polonia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo socialismo | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Złoty | ||||
Xa cerca do final da guerra as forzas do Exército Alemán foron expulsadas do territorio polaco grazas ao avance do Exército Vermello da Unión Soviética. A Conferencia de Ialta sancionou a formación provisional dun goberno de coalición procomunista polaco. Algúns polacos viron no acordo unha traizón para contentar o líder soviético Iosif Stalin, aínda que había outros como Wanda Wasilievska, a líder do Związek Patriotów Polskich (ZPP) que pretendían a plena integración na URSS como República Federada.[1]
Após a morte de Stalin en 1953 produciuse a desestalinización, e en Europa do Leste unha época de desxeo; os comunistas polacos foron dirixidos nese tempo por Władysław Gomułka. Polonia gozou dun período de relativa estabilidade na seguinte década, pero a mediados dos 60, comezaron a aumentar as dificultades económicas e políticas. En decembro de 1970, o goberno anunciou fortes incrementos nos prezos dos alimentos básicos nun intento por evitar o colapso. Comezou entón unha onda de mobilizacións populares contra os devanditos incrementos polo cal o goberno introduciu un novo programa económico que produciu un inmediato ascenso nos niveis de vida, pero que durou pouco tempo ao desenvolverse a crise do petróleo de 1973. Na década de 1970 o goberno de Edward Gierek foi forzado finalmente a subir os prezos o que levou a unha nova onda de protestas públicas.
Este ciclo interrompeuse co nomeamento en 1978 de Karol Wojtyła como papa Xoán Paulo II. Este nomeamento inesperado tivo un efecto electrizante sobre a oposición ao comunismo en Polonia. A principios de agosto de 1980, comezaron outras manifestacións lideradas polo electricista Lech Wałęsa, fundador do sindicato independente "Solidariedade", e forzou o goberno de Wojciech Jaruzelski a declarar a lei marcial en decembro de 1981 levando á prisión a maioría dos líderes da oposición. Con todo, o cambio xa era próximo. Coas reformas de Mikhail Gorbachev na Unión Soviética, o aumento da presión da Igrexa católica e dos sindicatos, xunto á masiva débeda externa, o goberno viuse obrigado a negociar coa oposición. En 1983 Wałęsa recibiu o Premio Nobel da Paz, e por se o goberno non lle deixase volver a Polonia, enviou a súa muller Danuta a recollelo. En 1988, a Mesa de Negociacións alterou radicalmente a estrutura do goberno polaco e da súa sociedade. En abril de 1989, Solidariedade foi legalizada e permitíuselle participar nas seguintes eleccións. Os seus candidatos obtiveron a vitoria. En 1990, Jaruzelski renunciou ao seu mandato. Sucedeuno Lech Wałęsa en decembro. Cara a finais de agosto do seguinte ano, xa se formou o goberno de Solidariedade, e en decembro Wałęsa foi elixido presidente transformándose a República Popular de Polonia na actual República de Polonia. Posteriormente, Wałęsa perdeu as eleccións, obtendo un 1% no ano 2000; en 2021 con 78 anos afirmou que buscaba traballo porque a súa pensión era insuficiente [2]