From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Ardrey, nado en Chicago (Illinois) o 16 de outubro de 1908 e finado en Cidade do Cabo o 14 de xaneiro de 1980, foi un guionista e autor teatral estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1908 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de xaneiro de 1980 (71 anos) Cidade do Cabo, Suráfrica |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Chicago |
Actividade | |
Ocupación | guionista , escritor , antropólogo , dramaturgo |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
Na década de 1950 retomou os seus estudos académicos en Antropoloxía e ciencias do desenvolvemento[1][2]. African Genesis e The Territorial Imperative, xunto co The Naked Ape (Desmond Morris, 1967), foron das obras con mellor acollida no discurso público durante a década de 1960, que combatía as asuncións previas da antropoloxía. As ideas de Ardrey influíron en Arthur C. Clarke e Stanley Kubrick no desenvolvemento de 2001: Unha odisea do espazo[3][4][5][6], así como a Sam Peckinpah, ao que Strother Martin proporcionou dous dos libros de Ardrey[7][8][9][10][11]. A novela de Hammond Innes Levkas Man (1971) tamén recibiu a influencia da visión de Ardrey sobre as raíces das agresións humanas na Idade de Pedra[Cómpre referencia].
Robert Ardrey foi un dos defensores da teoría do cazador e do simio asasino, en tanto que escritor de ciencia ficción para os lectores iniciados en paleoantropoloxía, antropoloxía, etoloxía, paleontoloxía e evolución humana.
Ardrey postulou que os precursores do Australopithecus sobreviviron millóns de anos de seca no Mioceno e o Plioceno, mentres a sabana se estendía e as fragas se reducían, adaptándose ao estilo de caza das especies carnívoras. Os cambios nos métodos de supervivencia e organización social foron diferenciando gradualmente os pre-humanos dos outros primates. Os cambios na dieta propiciaron o desenvolvemento do cerebro humano.
A teoría do simio asasino postula que a agresión, un factor vital na caza con fins alimenticios, é unha característica fundamental que distingue os devanceiros do ser humano doutros primates.
Robert Ardrey era fillo do editor Robert Leslie Ardrey e da profesora Marie Haswell[2]. Acadou o graduado Phi Beta Kappa na University of Chicago, baixo a tutela de Thornton Wilder. En 1938 Ardrey casou con Helen Johnson, á que coñecera na universidade, divorciándose en 1960. Tiveron dous fillos, Ross e Daniel. En 1960 casou coa actriz de teatro surafricana Berdine Grunewald, que máis tarde ilustraría os seus libros.
O Arquivo Howard Gotlieb da Biblioteca Mugar Memorial da Universidade de Boston acolle a colección Robert Ardrey[14] .
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.