From Wikipedia, the free encyclopedia
Ross Shor Lynch é un cantante, compositor, actor e músico estadounidense. É un dos membros fundadores da banda de pop rock R5. É mellor coñecido polo seu rol debut como Austin Moon na serie de Disney Channel Austin & Ally.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ross Shor Lynch 29 de decembro de 1995 (28 anos) Littleton, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
Ocupación | actor , bailarín , actor de televisión , guitarrista , músico , cantante , artista discográfico |
Período de actividade | 2009 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Pop rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz e guitarra |
Selo discográfico | Walt Disney Records (pt) Hollywood Records |
Compañeiro profesional | Rocky Lynch (pt) : The Driver Era (pt) |
Familia | |
Irmáns | Riker Lynch (pt) , Rocky Lynch (pt) , Rydel Lynch (pt) e Ryland Lynch (en) |
Páxina web | thedriverera.com |
|
Ross Lynch naceu e creceu en Littleton, Colorado, como segundo fillo máis novo dun total de cinco irmáns (Riker, Rydel, Rocky e Ryland). Foi educado na casa dende o cuarto grado. É curmán dos bailaríns Derek Hough e Julianne Hough. Lynch e a súa familia mudáronse a Os Ánxeles, California, no 2007.
Lynch sabe tocar o piano, a batería, a guitarra e o baixo. El bailou para os Rage Boyz Crew, un grupo fundado por unha compañía de danza de California do Sur. Estivo en So You Think You Can Dance e apareceu en espectáculos como Moises Rules!, e en filmes como Grapple, con Anton Troy. En 2009, apareceu no videoclip de Kidz Bop da canción "Let It Rock" e no de Cymphonique "Lil' Miss Swagger". A principios de 2011 forma parte do elenco da serie orixinal de Disney Channel Austin & Ally', co papel protagonista masculino de Austin Moon, un cantante adolescente que se converte nunha sensación da música após subir unha actuación a internet e máis tarde alíase con Ally, interpretada por Laura Marano. O episodio piloto fixo que a serie aumentara a unha tempada completa; a serie tivo a súa estrea en decembro de 2011, e renovou para unha segunda tempada en marzo de 2012. En primavera de 2013 fi anunciada unha terceira tempada.
En 2012, Lynch comeza a traballar no filme orixinal de Disney Channel, Teen Beach Movie. O filme foi gravada en Porto Rico. El tiña o papel de Brady, o protagonista masculino do filme. O seu primeiro sinxelo promocional, "A Billion Hits" foi lanzado o 2 de abril de 2012.
En marzo de 2010, eles sacaron o seu primeiro EP, Ready Set Rock e en setembro firmaron co selo Hollywood Records. O segundo EP, Loud, foi lanzado o 19 de febreiro de 2013, xunto ao sinxelo "Loud". A banda lanzou o seu primeiro álbum, Louder o 24 de setembro de 2013 e o álbum non contiña catro das cancións de Loud e sete novas cancións. O terceiro EP da banda, chamado Heart Made Up on You, foi lanzado o 22 de xullo de 2014.
Ano | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
2010 | Grapple! | Aaron | Curtametraxe |
2011 | A Day as Holly's Kids | Holly's Actual Kid 1 | Curtametraxe |
2013 | Teen Beach Movie | Brady | Filme de televisión |
2014 | Muppets Most Wanted | Rapaz florista / Adolescente "nerd"[1] | |
2015 | Teen Beach 2[2] | Brady | Filme de televisión |
Ano | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
2009 | Moises Rules! | Ross "The Boss" | "Mad B-Ball shootout" (Tempada 1, Episodio 1) |
2011–2016 | Austin & Ally | Austin Moon | Protagonista |
2012 | Jessie | "Austin & Jessie & Ally All Star New Year" (Tempada 2, Episodio 6) | |
2013 | Ultimate Spider-Man | Jack Russell / Lobishome | "Blade and the Howling Commandos" (Tempada 2, Episodio 22) |
2015 | Violetta | Himself | "Una Visita, Una canción" (Tempada 3, Episodio 69) |
Título | Detalles do álbum | Posición nas listas | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
EUA [3] |
EUA BSO [3] |
BEL [4] |
CAN [3] |
FRA [5] |
HOL [6] |
NCE [7] |
ESP [8] |
R.U. [9] | ||
Austin & Ally |
|
27 | 1 | — | — | — | — | — | — | — |
Teen Beach Movie |
|
3 | 1 | 176 | 14 | 76 | 56 | 30 | 15 | 36 |
Austin & Ally: Turn It Up |
|
89 | 6 | — | — | — | — | — | — | — |
Austin & Ally: Take It from the Top |
|
- | - | — | — | — | — | — | — | — |
Título | Ano | Álbum |
---|---|---|
"Heard It on the Radio" | 2012 | Austin & Ally |
"Can You Feel It" | 2013 | non hai álbum |
Título | Ano | Álbum |
---|---|---|
"A Billion Hits" | 2012 | Austin & Ally |
"I Love Christmas"[10] (xunto a Laura Marano) |
2013 | Disney Holidays Unwrapped |
Título | Ano | Posición nas listas | Álbum | |||
---|---|---|---|---|---|---|
EUA [11] |
EUA Holiday [12] |
IRL [13] |
R.U. [14] | |||
"Christmas Soul" | 2012 | — | 6 | — | — | Disney Channel Holiday Playlist |
"Christmas Is Coming" | — | 14 | — | — | ||
"Cruisin' for a Bruisin'" (xunto a Grace Phipps e Jason Evigan) |
2013 | 82 | — | 90 | 117 | Teen Beach Movie |
"Like Me" (xunto a Maia Mitchell, Grace Phipps e Spencer Lee) |
101 | — | — | 177 | ||
"Can't Stop Singing" (xunto a Maia Mitchell) |
— | — | — | 200 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.