Rusia nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rusia competiu nos Xogos Olímpicos modernos en moitas ocasións, mais como diferentes nacións ao longo da súa historia. Como o Imperio Ruso, o país competiu por vez primeira nos Xogos de 1900, competindo de novo en 1908 e 1912. Despois da Revolución Rusa de 1917 e o estabelecemento da Unión Soviética en 1922, pasarían trinta anos até que os deportistas rusos competisen de novo nas Olimpíadas, producíndose nos Xogos Olímpicos de 1952. Logo da disolución da Unión Soviética en 1991, Rusia competiu como parte do Equipo Unificado en 1992, e finalmente regresou á competición como Rusia nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994.
Rusia nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | RUS | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Ruso olympic | ||||
Medalleiro |
|
O Comité Olímpico Ruso foi creado en 1991 e recoñecido oficialmente en 1993. A Unión Soviética foi a sede dos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova, e a Federación Rusa acolleu os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 en Sochi.
En total, os deportistas da Federación Rusa gañaron un total de 426 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán e outras 120 nos Xogos Olímpicos de Inverno, sendo un total de 546, sendo o segundo país con máis medallas, só por detrás dos Estados Unidos.