From Wikipedia, the free encyclopedia
Un safari (/səˈfɑːri/) é unha viaxe terrestre para observar ou cazar animais salvaxes,[1] especialmente no leste e no sur de África.
Os chamados "Cinco Grandes" animais de África (león, leopardo, rinoceronte, elefante africano e búfalo africano) forman particularmente unha parte importante do mercado de safaris, tanto para a observación da vida salvaxe como para a caza maior.[2]
A palabra safari significa "viaxe" en suahili, a lingua franca de África centro-oriental. A súa raíz é a voz árabe safar (سفر) de significado equivalente, que en suahili queda substantivada á terminación en i, como é característico daquela lingua. Foi asimilada por todas as linguas adxacentes e comunmente estendido o seu significado en gran parte do mundo.[3]
Países como Kenya, Tanzania, Suráfrica, Namibia, Botswana, Zambia, Zimbabue ou Mozambique son os preferidos polos turistas para ver en vivo grandes animais. Grazas á sú privilexiada situación, dispoñen dun gran número de Reservas Naturais e Parques Nacionais que permiten ao visitante ver elefantes, leóns, xirafas, búfalos africanos, leopardos, guepardos, rinocerontes, cebras, gacelas, antílopes, flamengos e un incríbel número de animais que viven en liberdade, que moita xente só logra coñecer nos zoolóxicos das grandes ciades.
Os safaris en Kenya adoitan facerse en dúas modalidades: unha moi económica, en tendas de campaña e con vehículos de oito persoas e outras máis custosas: en lodges, que son aloxamentos en medio dos Parques con comodidades comparábeis a hoteis de 5 estrelas, e con grandes vehículos todo terreo. Os prezos fluctúan entre os 60 dólares o día e os outros unhas dez veces máis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.