Tribo de antilopinos From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos saiguinos é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos, que comprende dúas especies de gacelas de tamaño mediano que habitan nas estepas euro-asiáticas.
Saiguinos Saigini | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Saiga tatarica macho | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
A tribo foi creada en 1945 polo paleontólogo e biólogo teórico estadounidense. George Gaylord Simpson.[1]
Segundo a clasificación de Simpson a tribo comprende dous xéneros.
Saiga e Pantholops son xéneros de taxonomía problemática.[2] Saiga clsificouse tradicionalmente como membro da tribo dos saiguinos, dentro da subfamilia dos caprinos,[1][3] pero algúns autores suxeriron que o xénero Saiga estaba máis próximo da subfamilia dos antilopinos.[4] No ano 2000 Groves analizou os caracteres morfolóxicos de Procapra, Prodorcas e Saiga, e propuxo tres grupos basais de antilopinos un dos cales incluía un clado Saiga+Procapra.[5]
Ademais de Saiga, a tribo tradicional dos saiguinos, segundo a clasificación de Simpson da subfamilia dos caprinos, contén o xénero Panthalops. Este xénero é monotípico (P. hodgsonii), e inclúese adoito na tribo dos saiguinos sobre a base de trazos morfolóxicos similares, os máis dos cales son plesiomórficos. Porén, achados moleculares e morfolóxicos recentes suxiren que Pantholops hodgsonii debería clasificarse máis correctamente na subfamilia dos caprinos,[4][6] pero a situación da gacela tibetana nesta subfamilia segue a ser incerta.
Os datos sobre o citocromo b e pequenas porcións dos xenes ribosómicos 12S e 16S suxiren afinidades filoxenéticas de Saiga e Procapra cos antilopinos.[7][8][9] Porén, estes estudos non aclaran as relacións estreitas dentro deste clado. Por esta incerteza, algúns autores suxeriron que o taxon Saigini debería abandonarse.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.