Citocromo b
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O citocromo b é a principal subunidade dos complexos transmembrana do bc1 e b6f da cadea respiratoria e fotosintética, respectivamente, onde intervén no transporte de electróns e bombeo de protóns.[1][2]
Remove ads
Función
Na mitocondria dos eucariotas e en procariotas aeróbicos, o citocromo b é un compoñente do Complexo III da cadea respiratoria (EC 1.10.2.2), tamén chamado complexo bc1 ou ubiquinol-citocromo c redutase. Nos cloroplastos das plantas e cianobacterias, hai unha proteína análoga, o citocromo b6, que é un compoñente da plastoquinona-plastocianina redutase (EC 1.10.99.1), tamén chamado complexo b6f. O complexo bc1 está tamén presente no sistema fotosintético da fase luminosa das bacterias púrpuras e as verdes do xofre. Estes complexos están implicados no transporte de electróns e bombeo de protóns para crear unha forza protón motriz. O gradiente de protóns que axuda a xerar este complexo de citocromos utilízase finalmente para a xeración de ATP. Por tanto, estes complexos teñen unha misión vital nas células.[3]
Remove ads
Estrutura
O citocromo b/b6[4][5] é unha proteína integral de membrana de aproximadaemnte 400 residuos de aminoácidos que probablemente ten 8 segmentos transmembrana. Nas plantas e cianobacterias, o citocromo b6 consta de dúas subunidades codificadas polos xenes petB e petD. O citocromo b/b6 se une non covalentemente a dous grupos hemo, denominados b562 e b566. Crese que os ligandos dos átomos de ferro destes dous grupos hemo son catro residuos de histidina conservados.
Remove ads
Uso en filoxenética
O xene do citocromo b utilízase con frecuencia como unha rexión do ADN mitocondrial que serve para determinar as relacións filoxenéticas entre as especies debido á súa variabilidade de secuencia. Considérase que é moi útil para determinar as relacións dentro dunha familia ou un xénero. Os estudos comparativos sobre o citocromo b deron lugar a novos esquemas de clasificación e foron utilizados para asignar as especies novas descritas a un xénero, e para entender con maior profundidade as relacións evolutivas.[6]
Importancia clínica
As mutacións no citocromo b orixinan principalmente unha intolerancia ao exercicio en pacientes humanos, e en casos máis raros, informouse de patoloxías multisistémicas graves.[7]
As mutacións puntuais no citocromo b de Plasmodium falciparum e P. berghei están asociadas coa resistencia á droga antimalárica atovaquone.[8]
Xenes humanos
Os xenes humanos que codifican as proteínas citocromo b son:
- CYB5A – citocromo b5 tipo A (microsomal)
- CYB5B – citocromo b5 tipo B (membrana mitocondrial externa)
- CYBASC3 – citocromo b, dependente de ascorbato 3
- MT-CYB – citocromo b codificado nas mitocondrias.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads