Santo Sepulcro
From Wikipedia, the free encyclopedia
A igrexa do Santo Sepulcro (en latín: Ecclesia Sancti Sepulchri; tamén chamada igrexa da Resurrección ou igrexa da Anastase pola Igrexa ortodoxa; en árabe: كنيسة القيامة, Kaneesat al-Qeyaamah; en hebreo: כנסיית הקבר, Knesiyat ha-Kever; en grego: Ναός της Αναστάσεως, Naos tes Anastaseos; en armenio: Սուրբ Յարութեան տաճար, Surb Harut’ian Tachar), é unha igrexa dentro do barrio cristián da cidade vella de Xerusalén, preto de Muristan. A igrexa contén, de acordo coas tradicións máis antigas do século IV, os dous lugares máis sagrados da cristiandade: o lugar onde Xesús de Nazaret foi crucificado, coñecido como "Calvario" (Calvāria) en latín e "Golgotha" (Γολγοθᾶ, "Golgothâ") en grego,[1] e a tumba baleira de Xesús, onde se di que foi enterrado e onde resucitou. A tumba está rodeada polo santuario do século XVIII, chamado Edículo.
Santo Sepulcro | |
---|---|
Igrexa do Santo Sepulcro | |
Datos xerais | |
País | Israel |
Tipo | Basílica |
Localización | Xerusalén |
Coordenadas | 31°46′42″N 35°13′47″L |
Catalogación | Monumento histórico |
Culto | |
Culto | Ortodoxo grego, católico latino, apostólico armenio, ortodoxo copto, ortodoxo etíope, ortodoxo siríaco |
Diocese | Igrexa otodoxa de Xerusalén e Patriarcado Latino de Xerusalén |
Orde relixiosa | Irmandade do Santo Sepulcro e Orde dos Freires Menores |
Arquitectura | |
Construción | 335 (derrubada en 1009, reconstruída en 1048) |
Estilo | Románico, barroco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |