As Aceráceas (Aceraceae) constituían unha familia de plantas que comprendía entre 120 e 150 especies de árbores e arbustos, polo xeral caducifolios con flores actinomorfas e hermafroditas ou unisexuais e froito en dobre sámara.

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Pechar
Máis información Sapindáceas, Clasificación científica ...
Pechar

Na actualidade moitos taxonomistas non a consideran unha familia e inclúen as súas especies na familia das sapindáceas (Sapindaceae), familia pertencente á orde Sapindales que conta con arredor de 140-150 xéneros cunhas 1400-2000 especies nativas de países cálidos. Entre outros xéneros, pertencen a ela os pradairos (xénero Acer) e os castiñeiros das bruxas (xénero Aesculus).

Características

Son árbores, arbustos, rubideiras e herbas, frecuentemente guacos. Follas esparexidas. A miúdo con células secretoras. Flores hermafroditas, ou unisexuadas por aborto, zigomorfas, en xeral pentámeras, xeralmente cun disco anular excéntrico entre a corola e o androceo, con 8-10 estames; xineceo de 2-3 carpelos concrescentes, cun único óvulo cada un. Froito variábel, capsular, seco e indehiscente, esquizocarpico, en baga ou drupa.

Aceraceae

Coma dixemos as aceráceas agrupaban a unhas 125 especies nativas das rexións frías do hemisferio norte, nos xéneros vexetais Acer (os pradairos) e Dipteronia; estudos xenéticos recentes levaron a reclasificar este taxon coma parte da familia Sapindaceae, polo que non se emprega actualmente.

Xéneros

  • Acer L. os pradairos;
  • Aesculus, os castiñeiros das bruxas,
  • Allophylus L.
  • Blighia
  • Cardiospermum L.
  • Cupania L.
  • Cupaniopsis Radlk.
  • Dimocarpus Lour.
  • Dodonaea P. Mill.
  • Exothea Macfad.
  • Filicium Thwaites ex Benth. & Hook. f.
  • Harpullia Roxb.
  • Hypelate P. Br.
  • Koelreuteria Laxm.
  • Litchi Sonn.
    • Lychis sinensis, cultivado como froiteira.
  • Matayba Aubl.
  • Melicoccus P. Br.
  • Nephelium L.
  • Paullinia L.
  • Sapindus L.
  • Schleichera Willd.
  • Serjania P. Mill.
  • Talisia Aubl.
  • Thouinia Poit.
  • Ungnadia Endl.
  • Urvillea Kunth

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.