Sebastián, mártir
santo cristián e mártir / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (la) Sebastianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 255 Narbona |
Morte | 20 de xaneiro de 287 (31/32 anos) Roma |
Causa da morte | Persecución de Diocleciano, flaxelación |
Lugar de sepultura | San Sebastiano fuori le mura (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | soldado |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século III ) |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército romano |
Rango militar | Tribuno militar |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 20 de xaneiro |
Pechar
- Este artigo trata sobre o mártir e santo, para o nome de varón véxase Sebastián.
As igrexas católicas celebran o seu día o 20 de xaneiro. A Igrexa Ortodoxa tamén loa este santo.