Segundo de Chomón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Segundo Víctor Aurelio Chomón y Ruiz, coñecido como Segundo de Chomón, nado en Teruel o 17 de outubro de 1871 e finado en París o 2 de maio de 1929, foi un cineasta español.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Segundo Víctor Aurelio Chomón y Ruiz 17 de outubro de 1871 Teruel, España |
Morte | 2 de maio de 1929 (57 anos) 20.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona París Turín |
Ocupación | director de cinema , animador , produtor de cinema , director de fotografía , guionista , actor , cámara , montador |
Período de actividade | 1902 - 1929 |
Empregador | Pathé |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Julienne Mathieu |
Fillos | Robert de Chomon (en) |
Pais | Isaac Chomón Gil (en) e Luisa Ruiz Valero (en) |
|
Pechar
Destacou como director pioneiro do cine mudo e técnico de trucaxes en películas como Cabiria (1914), de Giovanni Pastrone —coñecido polo seu pseudónimo Piero Fosco—, ou Napoleón (1927), de Abel Gance.
Frecuentemente comparado con Méliès, pola súa gran calidade técnica e creatividade, foi considerado un dos grandes homes do cine do seu tempo, sendo contratado polas máis importantes empresas cinematográficas da época, como a Pathé Frères ou a Itala Films.