From Wikipedia, the free encyclopedia
O shiatsu (kanji: 指圧; hiragana: しあつ, do xaponés xi, dedo, e atsu, presión; presión cos dedos) é un tipo de medicina alternativa creada no século XX por Tokujirō Namikoshi (1905-2000) no Xapón.[1] Non hai ningunha evidencia da súa efectividade.[2]
Hai dúas escolas principais de shiatsu. Unha que se basea na teoría anatómica e fisiolóxica occidental, e outra que se basea na medicina tradicional chinesa. O shiatsu está regulado como terapia médica no Xapón (polo Ministerio de Saúde e Benestar Social),[3] e noutros países por diversos órganos de goberno creados polos profesionais desta especialidade.[3][4][5]
O shiatsu é unha práctica en evolución, e os seus estilos diversos incorporan (en diferentes graos) os aspectos da masaxe tradicional xaponesa, a medicina tradicional chinesa, e a anatomía e a fisioloxía occidentais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.