Shigella
xénero de bacterias gramnegativas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Shigella é un xénero de bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, inmóbiles e con forma de bacilo, moi emparentadas con Salmonella. Son o axente causante da shigelose humana (enfermidade diarreica [1]); Shigella causa enfermidade en primates, pero non noutros animais.[2] Só se encontra de forma natural en humanos e simios.[3] O xénero recibe o seu nome polo seu descubridor Kiyoshi Shiga, que a descubriu en 1898.
Shigella | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía de Shigella sp. (pequenas liñas con forma de bastón) nunha mostra de excrementos | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Os estudos filoxenéticos indican que sería máis apropiado tratar a Shigella como un subxénero de Escherichia, e que certas cepas xeralmente consideradas de E. coli – como E. coli O157:H7 – estarían mellor situadas en Shigella.
Despois da invasión do corpo, esta bacteria multiplícase intracelularmente e espalla a infección ás células epiteliais veciñas, causando a destrución do tecido e a patoloxía característica da shigelose.[4][5]