Shigella flexneri
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shigella flexneri é unha especie de bacterias gramnegativas do xénero Shigella, que causa diarrea en humanos. Describíronse varios serogrupos de Shigella; S. flexneri pertence ao grupo B. As infeccións por S. flexneri xeralmente poden tratarse con antibióticos, aínda que algunhas cepas desenvolveron resistencia. Os casos menos graves adoitan non tratarse para evitar que a bacteria se faga máis resistente no futuro.[1] As Shigella están estreitamente relacionadas con Escherichia coli, mais poden distinguirse de E.coli baseándose na súa patoxenicidade, fisioloxía (non fermentan lactosa nin descarboxilan a lisina) e seroloxía.[2]
Máis información Shigella flexneri, Clasificación científica ...
Shigella flexneri | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Shigella flexneri | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Pechar