From Wikipedia, the free encyclopedia
Simonetta Gloria Agnello, de casada Hornby, nada en Palermo en 1945, é unha avogada e novelista italiana, residente no Reino Unido, cuxa nacionalidade tamén ostenta. Varias das súas novelas, escritas sempre en italiano, foron traducidas a numerosos idiomas e foron best-séllers internacionais.
(2012) | |
Nome orixinal | (it) Agnello Hornby |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Palermo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia Reino Unido |
Educación | Universidade de Palermo (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras e Q113958160 |
Lugar de traballo | Italia |
Ocupación | escritora , profesora universitaria , xurista , novelista , avogada |
Empregador | Universidade de Leicester (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Participou en | |
2017 | Santiago International Book Fair 2017 (en) |
Premios
| |
Simonetta Agnello naceu en Palermo no seo dunha familia aristocrática e criouse en Sicilia, ata que en 1965 obtivo unha bolsa Fulbright, coa que iniciou estudos de Dereito na Universidade de Kansas, concluíndoos no Reino Unido, onde se especializou como avogada en materia de menores e violencia doméstica.[1][2]
Desde 1972 reside en Londres, onde fundou en 1979 un bufete de avogados no barrio de Brixton, especializado en defender as comunidades musulmá e africana, que foi tamén o primeiro despacho en ter unha sección especializada en violencia intrafamiliar.[3][1] Foi profesora de Dereito de menores na Universidade de Leicester e durante oito anos presidiu a tempo parcial o Special Educational Needs and Disability Tribunal, un tribunal que leva as apelacións contra as decisións administrativas das autoridades educativas locais sobre mozos con necesidades educativas especiais.[2] Desde 2012 colabora coa Global Foundation for the Elimination of Domestic Violence.
Agnello debutou como novelista en 2002 con La Mennulara (unha palabra siciliana para "recolectora de améndoas"), que foi traducida a 19 linguas. Desde entón publicou, sempre en italiano, polo menos outras seis novelas, na súa maioría ambientadas na súa Sicilia natal, así como textos autobiográficos e libros de cociña. En 2019 publicou unha nova versión de La Mennulara, incluíndo algúns capítulos omitidos na edición orixinal.[4]
Simonetta Agnello está casada co cidadán británico Martin Hornby e ten dous fillos. Un deles, George, sofre esclerose múltiple. Con el protagonizou en 2013 o docu-reality Io & George, emitido en seis capítulos por Rai 3, que representa unha viaxe de Londres a Sicilia, co obxectivo de sensibilizar sobre as persoas con discapacidades.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.