From Wikipedia, the free encyclopedia
A sinusite[1] é unha resposta inflamatoria da mucosa do nariz e dos seos paranasais que pode deberse a unha infección por axentes bacterianos, virais, fungos, un cadro alérxico ou a unha combinación destes factores. Case sempre está acompañada de inflamación da mucosa nasal ou está precedida dela.[2][3]
Sinusite | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Radiografía que amosa conxestión do orificio nasal maxilar esquerdo sinalado cunha frecha. | |
DiseasesDB | 000647 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Caracterízase por rinorrea (secreción polo nariz), obstrución nasal e dor facial; pode haber hiposmia ou anosmia, tose, febre, fatiga, dor dentaria, halitose e malestar ótico.
De acordo coa duración da doenza pode ser cualificada como aguda se dura menos de catro semanas, subaguda se a súa duración é de catro a doce semanas e unha forma crónica con máis de doce semanas de doenza.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.