Snow White and the Seven Dwarfs
filme de animación / From Wikipedia, the free encyclopedia
Snow White and the Seven Dwarfs é o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 21 de decembro de 1937, e distribuído por RKO Radio Pictures, co que a empresa Disney tiña asinado un acordo de distribución, dende o 8 de febreiro de 1938 nos cines dos Estados Unidos. O guión do filme baséase na famoso conto de fadas Brancaneves dos irmáns Grimm. Como no conto orixinal, unha malvada raíña, ao ter envexa da beleza da princesa, ordena o seu asasinato; porén, a princesa consegue escapar e atopar refuxio no bosque con sete ananos.
- Este artigo trata sobre o filme de animación, para o conto véxase Brancaneves.
Datos rápidos Snow White and the Seven Dwarfs, Ficha técnica ...
Snow White and the Seven Dwarfs | |
---|---|
Escena do tráiler | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Snow White and the Seven Dwarfs |
Director | David Hand William Cottrell Wilfred Jackson Larry Morey Perce Pearce Ben Sharpsteen |
Produtor | Walt Disney |
Guión | Ted Sears Richard Creedon Otto Englander Dick Rickard Earl Hurd Merrill De Maris Dorothy Ann Blank Webb Smith |
Baseado en | Brancaneves dos Irmáns Grimm |
Intérpretes | Adriana Caselotti Lucille La Verne Harry Stockwell Pinto Colvig Roy Atwell |
Música | Frank Churchill Paul Smith Leigh Harline |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 1937 |
Duración | 83 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, Infantil |
Orzamento | $1 488 423 |
Recadación | $416 000 000[1][2] |
Na rede | |
https://d23.com/a-to-z/snow-white-and-the-seven-dwarfs-film/ e https://web.archive.org/web/20130621151914/https://movies.disney.com/snow-white-and-the-seven-dwarfs | |
Pechar
O filme foi o maior éxito do ano 1938 e, tendo en conta a inflación, unha das longametraxes que máis billetes vendeu en toda a historia do cine.