From Wikipedia, the free encyclopedia
Solar Maximum Mission, coñecido tamén polo seu acrónimo SMM, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 14 de febreiro de 1980 mediante un foguete Delta 3910 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3][5]
SMM / Solar Maximum Mission | |
---|---|
Tipo | Observatorio solar |
Organización | NASA |
Contratistas principais | Fairchild |
Data de lanzamento | 14 de febreiro de 1980, 15:57 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 3910[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da actividade solar.[2][6] |
Decaemento | 2 de decembro de 1989[1] |
NSSDC ID | 1980-014A |
Masa | 2315 kg[2][5][6] |
Dimensións | 4 m de longo e 2,3 m de diámetro[2] |
Potencia | 3000 W[2] |
A misión de SMM foi estudar de maneira coordinada a actividade solar durante un período de máximo solar de maneira conxunta con outras naves e observatorios, como ISEE 3. SMM adicouse a observar en lonxitudes de onda curtas e en especial as erupcións solares.[2][3][4][5]
O satélite estaba construído de forma modular usando o bus MMS, pensado para ser reparado no espazo. Tiña unhas dimensións de 4 m de longo e 2,3 m de diámetro. A parte superior contiña os instrumentos científicos e os sensores de apuntado, mentres que o módulo inferior contiña os sistemas de control de actitude, enerxía, comunicación e comandos. Entre os dous módulos atopábase o adaptador de transición, ao que ían acoplados dous paneis solares que proporcionaban entre 1500 e 3000 W de potencia.[2][3][4][5]
Dada a importancia da observación coordinada con outros satélites, o segmento de terra deseñouse para facilitar a coordinación da avaliación dos datos, a planificación, as observacións e o envío de comandos á nave e para manexar a resposta ás erupcións solars en tempo real.[2][3][4][5]
SMM tiña os seguintes instrumentos a bordo:[2][3][4][5]
O satélite recibiu a visita da misión tripulada STS-41-C para reparar o sistema de control de actitude, o que o converteu no primeiro satélite en ser arranxado en órbita. SMM recolleu datos ata o 24 de novembro de 1989. Os plans para recollelo mediante un transbordador en 1990 e preparalo para novas misións cancelouse e acabou reentrando na atmosfera terrestre o 2 de decembro de 1989.[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Maximum Mission |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.