ISEE 3
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
ISEE 3, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 3, tamén coñecido como Explorer 59 e máis tarde como International Cometary Explorer (ICE), foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 12 de agosto de 1978 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][6][5]
Remove ads
Características
ISEE 3 formaba parte do Programa Explorer e foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 2) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. ISEE 3 foi colocada inicialmente no punto de Lagrange L1 do sistema Terra-Sol nunha órbita de halo. En 1982 modificouse a súa órbita para rematar nunha órbita heliocéntrica e sobrevoar o cometa Giacobini-Zinner o 11 de setembro de 1985, fase durante a cal a nave pasou a renomearse International Cometary Explorer (ICE). Posteriormente estudou o espazo próximo ao cometa Halley, en marzo de 1986.[1][6][5]
A nave estabilizábase mediante xiro a 20 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 390 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 173 W de potencia. [1][6][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads