Sonia Gandhi
política india / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sonia Gandhi (de solteira Maino), nada en Lusiana (Vicenza) o 9 de decembro de 1946, é unha política india. Foi a presidenta do Congreso Nacional Indio, o partido segrar de centro-esquerda que gobernou a India durante máis tempo dende a súa independencia. Asumiu o liderado do partido en 1998, sete anos despois do asasinato do seu marido, Rajiv Gandhi, antigo primeiro ministro da India e continuou no cargo durante dezanove anos.[1][2][3][4]
Nada nunha pequena localidade próxima a Vicenza, Gandhi foi criada nunha familia católica. Tras completar a súa educación privada en escolas locais, seguiu a súa educación superior en Cambridge, Inglaterra, onde coñeceu a Rajiv Gandhi, co que casou en 1968. Adoptou a cidadanía india e comezou a vivir coa súa sogra, a primeira ministra, Indira Gandhi, na súa residencia de Nova Deli. Sonia Gandhi, non obstante, mantívose fóra da esfera pública, mesmo durante os anos en que o seu home estivo no poder.
Despois do asasinato do seu marido, Gandhi foi convidada polos líderes do Congreso para encabezar o partido, mais declinouno. Aceptou entrar na política en 1997 despois de moita insistencia do partido; o ano seguinte foi candidata á presidencia do partido e elixida por diante de Jitendra Prasada.[lower-alpha 1] Baixo o seu liderado, o Congreso continuou a formou goberno despois das eleccións de 2004 en coalición con outros partidos políticos de centro-esquerdo. Gandhi está considerada instrumental na formulación da Alianza Progresista Unida (UPA), que foi reelixida para o poder nas eleccións de 2009. Gandhi rexeitou a xefatura despois da vitoria de 2004; en lugar diso liderou a alianza gobernante e o National Advisory Council.[lower-alpha 2]
Durante o transcurso da súa carreira, Gandhi presidiu os consellos recoñecidos pola formación e posterior posta en marcha de esquemas de desenvolvemento baseados nos dereitos como o dereito á información, a acta de seguridade alimentaria e a acta de garantía de emprego rural, mentres provocaba críticas relacionadas polo escándalo Bofors e o caso National Herald. O seu nacemento no estranxeiro tamén foi tema de debate e controversia.[lower-alpha 3] A activa participación de Gandhi na política comezou a reducirse durante a última metade da segunda lexislatura do goberno da UPA debido a motivos de saúde. Deixou a presidencia do Congreso en decembro de 2017, mais continuou a liderar o comité parlamentario do partido. Aínda que nunca tivo un posto no goberno da India, Gandhi foi descrita como unha das políticas máis poderosas do país e adoita ser listada entre as mulleres máis poderosas do mundo.[lower-alpha 4]