Strigopoidea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Strigopoidea (estrigopoideos) son unha superfamilia de papagaios (Psittaciformes) todos eles endémicos de Nova Zelandia,[1] que consta de polo menos tres xéneros: os vivos Nestor e Strigops, o fósil Nelepsittacus,[2][3] e probablemente o fósil Heracles.[4] O xénero Nestor consta (segundo os nomes maorís locais) do kea, e de tres especies de kaka,[5][6] mentres que o xénero Strigops comprende o famoso kakapo.[5]. Os xéneros agrúpanse nunha soa familia (Strigopidae) ou en dúas (Strigopidae e Nestoridae), dependendo da clasificación utilizada. As especies do xénero Nelepsittacus eran endémicas das illas principais, mentres que as dúas especies extintas do xénero Nestor atopábanse en illas oceánicas próximas como a illa Chatham de Nova Zelandia e a illa Norfolk e a adxacente illa Phillip.
Strigopoidea Rango fósil: Mioceno temperán á actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
kaka, subespecie da illa Norte (Nestor meridionalis septentrionalis) no Zoo de Auckland, Nova Zelandia | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
O kaka da illa Norfolk (Nestor productus) e o kaka da illa Chatham (Nestor chathamensis) extinguíronse en época recente,[6][7] mentres que as especies do xénero Nelepsittacus extinguíronse hai 16 millóns de anos. Todas as especies extintas, e as actuais kakapo, kea, e o kaka que queda (coas súas dúas subespecies) están ameazadas.[8][9][10] As actividades humanas causaron dúas extincións e o declive das outras tres especies. Os colonos introduciron especies invasoras, como porcos e falanxéridos, que lles comían os ovos a estas aves que nalgunhas especies facían o niño no chan, e outros declives adicionais foron causados pola súa caza como alimento, matalos por consideralos pragas, perda de hábitat e a introdución de avespas.[11][12][13]
A superfamilia diverxeu dos outros papagaios hai uns 82 millóns de anos cando as terras de Nova Zelandia se separaron de Gondwana, mentres que os antepasados dos xéneros Nestor e Strigops diverxeron entre si hai entre 60 e 80 millóns de anos.[14][15]