Subtipos do VIH
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os subtipos do VIH son as agrupacións máis pequenas en que se clasifican as distintas clases do virus da inmunodeficiencia humana (VIH) segundo a súa secuencia xenética. Existen dous grandes tipos do virus da inmunodeficiencia humana, o VIH-1 e o VIH-2 (en inglés, HIV-1 e HIV-2), que á súa vez están divididos en varios grupos e estes en subtipos. Un dos atrancos que se encontraron no tratamento do VIH foi a súa grande variabilidade xenética.[1] O VIH-1 está relacionado con virus que afectan a chimpancés e gorilas que viven en África occidental, mentres que o VIH-2 está relacionado con virus que afectan ao mono mangabey (Cercocebus atys).[2] O virus HIV-1 subdivídese en grupos, dos cales os do grupo M son os máis predominantes e principais responsables da pandemia de SIDA. O grupo M pode ser á súa vez subdividido en subtipos baseándose nos datos da súa secuencia xenética. Coñecer os subtipos é importante, porque algúns deles son máis virulentos ou máis resistentes ás diferentes medicacións. Igualmente, o VIH-2 está dividido en grupos, pero é menos virulento e menos transmisible ca o VIH-1, aínda que co tempo acaba producindo tamén SIDA, e está menos estendido polo mundo.
Virus da inmunodeficiencia humana | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Árbore filoxenética dos virus da inmunodeficiencia simia (SIV) e dos virus da inmunodeficiencia humana (HIV). | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Especies | |||||||
|