From Wikipedia, the free encyclopedia
Suger de Saint-Denis nado en Chennevières-lès-Louvres en 1080 ou 1081 e morto en Saint-Denis o 13 de xaneiro de 1151, foi un eclesiástico e estadista francés.
Nome orixinal | (fr) Suger |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1080 (Gregoriano) Chennevières-lès-Louvres |
Morte | 13 de xaneiro de 1151 (Gregoriano) (70/71 anos) Saint-Denis |
Causa da morte | malaria |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Abade abbey of Saint-Denis (en) | |
← Adam (en) – Eudes de Deuil (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , monxe , escritor , historiador , político |
Lingua | Latín medieval e lingua francesa |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables
| |
Membro dunha familia de servos, tivo o privilexio durante a súa infancia de acompañar o rei Lois VI nunha súa visita á abadía de Saint-Denis, na que ingresou cando tiña arredor de dez anos de idade. Logo de estudar no presbiterio de Estrées entre 1094 e 1104, para facerse monxe, volveu para a abadía de Saint-Denis, da que se convertería en abade de 1122 até 1151.
Gozando da total confianza de Lois VI, xogou un importante papel xunto el, próximo ao que hoxe denominaríamos un primeiro ministro: encargado de misións diplomáticas no estranxeiro; conselleiro, especialmente para asuntos militares; foi el quen levou a Lois VII, fillo do rei e logo rei, xunto súa futura esposa, Eleonor de Aquitania, en 1137.
Suger converteuse en rexente da Francia, entre 1147 e 1149 cando Lois VII partiu para a segunda cruzada. Á súa volta, o rei proclamouno "Pai da Patria". Mais cando Lois VII suxire a idea de facer anular o seu matrimonio con Eleonor, Suger comprende o perigo e as consecuencias dun acto tal, tentando entón disuadir ao monarca. Só despois da morte de Suger, Lois VII leva a cabo a súa idea.
A súa tumba foi profanada, durante a Revolución, en 1793.
Suger actúa para reforzar a autoridade do rei francés, axudando ao monarca a conceder dereitos aos burgueses. O Capeto debe combater constantemente os señores rebeldes no interior do seu dominio, e malamente fai recoñecer o seu poder directo, a pesar dos seus feudos. Suger coloca teoricamente o rei na cimeira da pirámide vasalática. Ten xa unha "certa idea da nación", xa que escribe: «Non é nin xusto, nin natural que a Inglaterra estea sometida aos franceses ou que a Francia o estea aos ingleses». Figura tamén entre os fundadores das grandes crónicas de Francia, que constitúen a historia oficial da monarquía, pois redactou o primeiro volume consagrado a Lois VI.
Abade de Saint-Denis, Suger substitúe a antiga igrexa en ruínas, construída por Dagoberto I cinco séculos atrás, pola actual basílica, que se beneficia dunha época de innovacións técnicas na construción, sendo o punto de partida do que, moito máis tarde, se denominará estilo gótico. Este templo permanece como un dos símbolos da monarquía francesa, á par que foi o monumento sepulcral secular dos reis de Francia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.