Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Premio Nobel de Literatura 1948.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaT. S. Eliot
Thumb
(1934) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Stearns Eliot Editar o valor en Wikidata
26 de setembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Kensington (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Saint Michael (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMisuri
St. Louis
Ash Street (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (–1927)
Reino Unido (1927–)
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitarismo e anglocatolicismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Milton Academy (pt) Traducir
Harvard College
Merton College (pt) Traducir
Universidade Harvard
Eliot House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , guionista , profesor universitario , letrista , escritor de literatura infantil , xornalista , escritor de contos , crítico literario , crítico social , poeta , ensaísta , crítico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Chicago
Birkbeck College Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
MovementoLiteratura moderna (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeValerie Eliot (1957–1965)
Vivienne Haigh-Wood Eliot (1915–1947)
PaisHenry Ware Eliot (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Charlotte Champe Stearns Eliot (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenry Ware Eliot (en) Traducir, Ada Eliot Sheffield, Marian Cushing Eliot (en) Traducir, Margaret Dawes Eliot (en) Traducir, Theodora Sterling Eliot (en) Traducir e Charlotte Eliot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Thumb Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0253672 TV.com: people/t-s-eliot IBDB: 8808
BNE: XX837336 Bitraga: 844 Dialnet: 158575 iTunes: 206217952 Musicbrainz: ae90c453-e8ed-4fb7-9d27-35b81fd0fdac Discogs: 515778 WikiTree: Eliot-187 Find a Grave: 1631 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.

Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.

Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre F. H. Bradley e o seu "coñecemento e experiencia". Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.

En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, que acudiu como visitante a esa universidade, e este xúlgao o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña), pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñece tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.

Obras

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.