From Wikipedia, the free encyclopedia
En arquitectura, o tambor é un elemento arquitectónico estrutural sobre o que se asenta unha cúpula e prolonga esta.[1] Na maioría dos casos a súa forma é cilíndrica aínda que pode ser poligonal, xeralmente octogonal.
Tamén se refire, a cada unha das pezas cilíndricas que forma o fuste dunha columna; especialmente no estilo dórico da arte grega antiga.
A súa función principal consiste en eleva-la cúpula respecto do corpo principal da edificación. Así mesmo, ao contar con xanelas ou vans que permiten a entrada de luz, brinda á cúpula un efecto de lixeireza ou sensación de estar "a flotar", ademais de incrementar a luminosidade interior.[2]
O tambor, na arquitectura románica, como elemento estrutural transmite as cargas da cúpula cara aos arcos torais.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.