Teoría feminista
From Wikipedia, the free encyclopedia
A teoría feminista é a extensión do feminismo aos campos teóricos ou filosóficos. Abarca o traballo realizado nunha ampla variedade de disciplinas, e inclúe de maneira prominente os enfoques en canto aos roles e vidas das mulleres e a política feminista na antropoloxía e socioloxía, a psicanálise, a economía, os estudos de xénero e de mulleres, a crítica literaria feminista e a filosofía, especialmente a filosofía continental.[1] A teoría feminista ten como fin a comprensión da natureza da desigualdade e céntrase nas políticas de xénero, as relacións de poder e a sexualidade. Mentres que xeralmente a teoría feminista presenta unha crítica das relacións sociais, unha parte importante da teoría feminista tamén analiza a desigualdade de xénero e a promoción dos dereitos, intereses e asuntos das mulleres. O feminismo explora temas como a historia da arte,[2] e a arte contemporánea,[3][4] a estética,[5][6] , a discriminación, os estereotipos, a cousificación (especialmente a cousificación sexual), a opresión, e o patriarcado.[7][8][9]