Teresa Teng
From Wikipedia, the free encyclopedia
Teresa Teng (chinés: 鄧麗君, simplificado: 邓丽君, Wade-Giles:Teng Li-chun, pinyin:Dèng Lìjūn, Pe̍h-ōe-jī:Tēng Lē-kun, xaponés: テレサ・テン), nada en Baojhong o 29 de xaneiro de 1953 e finada en Chiang Mai o 8 de maio de 1995 foi unha cantante pop taiwanesa, unha das máis famosas e con maior éxito das orixinadas no mundo mandarín. É coñecida nas comunidades chinesas de todo o mundo, especialmente nos países da Asia Oriental, mesmo en grupos que non falan mandarín como primeira lingua. A popularidade de Teng chegou ao seu cumio nas décadas de 1970 e 1980, e continuou a ser popular ata a súa morte en 1995. Teng foi coñecida polas súas cancións de música folclórica e polas súas baladas románticas, como "When Will You Return?", "As Sweet as Honey" e "The Moon Represents My Heart".[1]
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Nome orixinal | (zh-hant) 鄧麗君 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (zh-hant) 鄧麗筠 29 de xaneiro de 1953 Baozhong, Taiwán (en) |
Morte | 8 de maio de 1995 (42 anos) Chiang Mai, Tailandia (pt) |
Causa da morte | asma |
Lugar de sepultura | Yunyuan (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | テレサ・テン 小鄧 アジアの歌姫 |
País de nacionalidade | Taiwán |
Relixión | Catolicismo e budismo |
Actividade | |
Ocupación | cantante , actriz de televisión , actriz de cinema , actriz , artista discográfico |
Período de actividade | 1967 - 1995 |
Xénero artístico | Mandopop (pt) |
Lingua | Lingua inglesa, mandarim taiwanês (pt) , Língua taiwanesa (pt) , Língua yue (pt) e lingua xaponesa |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Columbia Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Quilery Paul Puel Stephane (pt) (1989–1995) |
Premios
| |
Páxina web | teresa-teng.org |
Gravou cancións non só en mandarín, senón tamén en taiwanés,[2] cantonés,[3] xaponés,[4] indonesio e inglés. Tamén falaba francés con fluidez.