Terra de Miranda
serie de televisión galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo e Aranga.[1] Comezou a emitirse en 2001 e constou de 7 tempadas e 138 episodios. Pechou o seu exitoso percorrido en 2007, cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.
Datos rápidos País de orixe, Episodios ...
País de orixe | Galicia |
---|---|
Episodios | 138 |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 2001 |
Derradeiro episodio | 2007 |
Na rede | |
http://www.vozaudiovisual.es/produccion/terra-de-miranda | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A serie comeza cunha veterinaria que chega a unha vila da Galicia interior cos seus dous fillos pequenos para esquecer a súa separación. Coa xubilación próxima dun seu tío alí residente, tamén veterinario, decide facerse cargo do posto que deixa vacante.