From Wikipedia, the free encyclopedia
Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,[1] coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.
Voz Audiovisual | |
---|---|
Tipo | empresa |
Data de fundación | 1985 |
Sede | Polígono industrial A Grela - Bens |
Enderezo | Gambrinus, 97, 15008 |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.vozaudiovisual.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.[1]
Voz Audiovisual está clasificada dentro da lista de actividades do organismo estatal Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009) como:[1]
A empresa ten un tamaño por empregados situado no grupo de "entre 50 e 250", entre os que figuran 12 administradores ou directivos. De entre os balances dispoñíbeis, o último depositouse no rexistro mercantil en 2017. As vendas apuntadas no balance están no grupo de "entre 6 e 30 millóns de euros".[1]
Evolución de empregados [1] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | ||||||||
Fixos | 37,14 % | 39,06 % | 33,48 % | 26,41 % | 34,04 % | |||||||
Eventuais | 62,85 % | 60,93 % | 66,21 % | 73,58 % | 65,95 % | |||||||
Evolución de vendas [1] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | 2016 | 2017 | ||||||||||
Variación | — | 149,71 % | - 10,04 % |
O equipo de dirección de Voz Audiovisual está formado por:[1][2]
A empresa especializouse na creación de series de televisión, programas de entretemento, telefilmes, longametraxes e documentais.
Entre as súas producións destacan:[2]
Cómpre sinalar que a serie Padre Casares foi adaptada e transmitida por outras canles autonómicas: como Canal Sur, TV3, ETB, e outras.[3] A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, o Canal Sur andaluz emitiuna dobrada ao castelán, co título Padre Medina, e o Canal 9 en valencián, como Senyor retor; dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán,[4][5]
Así mesmo, que Serramoura pode verse en Rusia, dobrada ao ruso, desde o 25 de outubro de 2016 a través das canles de AXN SciFi (nome comercial co que opera a plataforma de televisión da multinacional Sony na Federación Rusa), que conta alí con 43 plataformas de difusión para todo o territorio. A serie emitirase na Federación Rusa baixo o título Черный лес (Cherniy les, tradución do título en inglés baixo o que se comercializa internacionalmente Serramoura (Black Forest, 'Bosque negro') a través da compañía de distribución Imagina International Sales, que xa avanza na negociación de novas vendas desta produción de Voz Audiovisual para TVG.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.