From Wikipedia, the free encyclopedia
A Torre Turkmenistán (en turcomán: «Türkmenistan» teleradio merkezi) é unha torre de comunicacións e de observación en Achkhabad, Turkmenistán. Foi completada en 2011. Con 211 metros, é a torre e edificio máis alto de Turkmenistán.
Torre Turkmenistán | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Achkhabad, Turkmenistán |
Coordenadas | 37°51′45″N 58°14′17″L |
Uso(s) | Torre de radiodifusión |
Construción | |
Inicio | 2008 |
Remate | 2011 |
Dimensións | |
Altura | 211 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Polimeks COE [1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A construción comezou en 2008 pola compañía turca Polimeks.
Foi completada o 17 de outubro de 211 coa participación do Presidente de Turkmenistán Gurbanguly Berdimuhamedov, inaugurando a cerimonia inaugural oficial.
A principal función da torre é o servizo de TV e antenas de radiocomunicación, malia iso, a torre tamén conta cun grande atractivo turístico. O radio do sinal da antena é de 100 quilómetros. Polo momento, a torre emite TV analóxica, TV dixital e radio. Os clientes da torre son:: Altyn Asyr, Yashlyk, Miras, Turkmenistan, Turkmen owazy, Ashgabat e Turkmen Sport.
Cunha altura de 145 metros (planta 29), localízase un restaurante cunha combinacio´n de elementos nacionais e novas tendencias. Dende o que podes ollar as vistas de Achkhabad cunha vista panorámica da cidade. Na planta 28 hai unha VIP room.
A decorativa octagonal "Estrela de Oguzkhan" é recoñecida como a imaxe arquitectónica dunha estrela maior do mundo polo Libro Guinness dos Récords.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.