Turkmenistán

país de Asia central From Wikipedia, the free encyclopedia

Turkmenistánmap
Remove ads

Turkmenistán,[1][2][3] tamén chamado Turcomenistán,[4] ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, o Irán, o mar Caspio, Kazakhstán e Uzbekistán.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Remove ads

Historia

O territorio de Turkmenistán estivo poboado desde a antigüidade. Tribos turcomás dedicadas á cría de cabalos chegaron ao territorio en tempos remotos, posiblemente procedentes das Montañas Altái, e establecéronse nos arredores do deserto de Karakum, chegando ata Persia, Siria e Anatolia.

O exército ruso fixo a súa entrada no territorio entre as décadas de 1860 e 1870. En 1869, créase o porto de Krasnovodsk, e xa en 1874 se consolidou a presenza rusa coa creación do distrito militar do Transcaspio. Anexado polo Imperio Ruso entre 1865 e 1885, en 1890 o control ruso sobre Turkmenistán era completo.

Ventos de revolución chegarían en 1917, e durante a guerra civil (1918-1920) Turkmenistán tamén estivo nas frontes de pelexa. Establecida a Unión Soviética, o territorio do Transcaspio (desde 1921 reorganizado como Turquestán) é establecido como unha república autónoma, para pasar ese mesmo ano a ser unha das repúblicas constituíntes da Unión.

Durante esta época, fíxanse as fronteiras da república soviética, e desenvólvense ambiciosos proxectos para aproveitar os seus recursos naturais para o beneficio da Unión Soviética. Créanse tamén sistemas de irrigación e, aos poucos, a produción de algodón e petróleo convértense nas actividades económicas principais.

Trala disolución da Unión Soviética, Turkmenistán converteuse nun estado independente. O controvertido presidente Separmurat Niyazov dominou a vida política do país ata o seu falecemento o 21 de decembro de 2006.

O seu sucesor, Kurbanguly Berdymukhamedov, convocou a eleccións o 11 de febreiro de 2007, nas cales resultaría electo polo 89,2% dos votos. Segundo datos oficiais, participou o 98,65% dos electores. Con todo, a oposición política denunciou a existencia de fraude.[5] Berdymukhamedov puxo en funcionamento algunhas reformas ás políticas aplicadas ata o momento, como a eliminación do nome do seu predecesor da bandeira nacional e a derrogación dunha lei que esixía dous anos de traballos antes para poder ingresar na universidade,[6] con todo ratificou a continuidade do rumbo político encarado por Niyazov.

Remove ads

Política

Artigo principal: Política de Turkmenistán.

Turkmenistán é unha república presidencialista integrada na Comunidade de Estados Independentes.

Despois da morte do presidente Separmurat Niyazov, o entón primeiro ministro Kurbanguly Berdymukhamedov asumiu o poder e iniciou tentativas de abrir o país. A constitución do país, aprobada no 2008, permite a formación de partidos políticos e a libre asociación de persoas. A anterior, de 1993, establecía un réxime de partido único.

O goberno de Niyazov, morto no 2006, chegou a esaxeracións coma a prohibición da ópera e do circo por "non seren dabondo turcománs". Niyazov gobernaba de maneira absoluta sobre o país e non toleraba ningunha oposición. No seu goberno había un moi importante culto á súa personalidade, atopábase o seu rostro por todo o país, desde os billetes de banco ata as botellas de vodka. Era chamado o Turkmenbachi (ou en galego a «Cabeza dos turcománs»). A festa nacional correspondía ao aniversario do presidente, o 19 de febreiro. Unha estatua del, en ouro fino, atopábase na capital Achkhabad.

Remove ads

Xeografía

Turkmenistán é un país de Asia central situado ao norte da cadea de montañas Kopet-Dag entre o mar Caspio e mailo río Amu-Daria. O país ten fronteiras con Kazakhstán e Uzbekistán ao norte e ao nordeste, co Irán e Afganistán ao sur e ao sueste. A característica xeográfica máis significativa é o deserto do Karakorum que é o deserto máis grande do mundo, cubrindo o 80 por cento da superficie do país. A maior parte das montañas de Turkmenistán son inaccesíbeis. Os vestixios da antiga ruta da seda van da China central ata a costa mediterránea, pasando polo Turkmenistán.

O país está situado nunha das rexións sísmicas máis elevadas do mundo.

O clima é desértico subtropical con pouca chuvia.

Organización político-administrativa

Turkmenistán está dividido en cinco provincias (welayatlar,singular welayat): (Balkan, Ahal, Daşoguz, Lebap e Mary) e unha cidade Autónoma Achkhabad.

Thumb
Provincias de Turkmenistán.
Máis información División, ISO 3166-2 ...
Remove ads

Economía

Artigo principal: Economía de Turkmenistán.

Demografía

Thumb
Evolución da demografía entre 1992 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads