Tour de Francia 1974
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | 1974 Super Prestige Pernod (en) |
Distancia do evento | 4.098 km |
Lugar de saída | Brest |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 130, inicio 105, final |
Participantes | |
Molteni 1974, Bic 1974, Peugeot-BP-Michelin 1974, Kas-Kaskol 1974, Sonolor-Gitane 1974, MIC-Ludo-de Gribaldy 1974, Gan-Mercier-Hutchinson 1974, La Casera-Peña Bahamontes 1974, Merlin Plage-Shimano-Flandria 1974, Brooklyn 1974, Jobo-Lejeune 1974, Carpenter-Confortluxe-Flandria 1974 e Frisol-Flair Plastics 1974 | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Reino Unido, Bélxica, España e Andorra |
Intervalo de tempo | 27 de xuño de 1974 – 21 de xullo de 1974 |
Número de edición | 61 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Eddy Merckx |
Segundo da clasificación xeral | Raymond Poulidor |
Terceiro da clasificación xeral | Vicente López Carril |
Gañador da clasificación por puntos | Patrick Sercu |
Gañador da clasificación da montaña | Domingo Perurena |
Winner of the combination classification | Eddy Merckx |
Winner of the most combative rider | Eddy Merckx |
Vencedora da classificação por equipas | Kas-Kaskol 1974 |
Gañador da clasificación de equipos por puntos | Gan-Mercier-Hutchinson 1974 |
Gañador da clasificación das metas volantes | Barry Hoban |
Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presenzas máis importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.
Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contra o reloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,[1] unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.[2]
Eddy Merckx levou posto o maillot amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.