From Wikipedia, the free encyclopedia
A transmutación nuclear é a conversión dun elemento químico ou dun isótopo noutro elemento químico.[1] Xa que tódolos elementos e isótopos dun elemento están definidos polo número de protóns e neutróns presentes nos seus átomos, a transmutación nuclear sucede en calquera proceso no que se modifica o número de protóns ou neutróns do núcleo atómico. A transmutación pode conseguirse ben por medio de reaccións nucleares, nas que unha partícula externa reacciona co núcleo, ou por decaemento radioactivo sen precisar unha causa externa.
A transmutación nuclear por nucleosíntese estelar no pasado creou a maioría dos elementos químicos máis pesados do Universo coñecido e continua tendo lugar, creando a maioría dos elementos máis comúns como o helio, osíxeno ou o carbono. A maioría de estrelas realizan a transmutación por medio de reaccións de fusión con hidróxeno e helio, mentres que as estrelas máis grandes tamén podend fusionar elementos máis pesados nas fases tardías da súa evolución.
A transmutación artificial pode darse utilizando máquinas que teñan a enerxía suficiente para provocar cambios na estrutura nuclear dos elementos, como poden ser aceleradores de partículas ou reactores tokamak. Os reactores de fisión convencionais tamén provocan transmutacións artificiais ó expoñer elementos a neutróns producidos pola fisión dunha reacción nuclear en cadea artificial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.