Elemento químico
substancia formada por átomos da mesma clase From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.
Coñécense no mundo millóns de compostos que se atopan de maneira espontánea na Natureza ou que foron credos polo ser humano. Cada un destes compostos é o resultado da combinación de dous ou máis elementos químicos.
Coñécense máis de 112 elementos, 93 dos cales son naturais e o resto artificiais. Algúns son moi comúns e necesarios, como o carbono, o osíxeno ou o hidróxeno. Outros, creados artificialmente en aceleradores de partículas ou en reactores atómicos, son tan raros que só existen durante milésimas de segundo.
Remove ads
Lista de elementos
Alcalinos | Alcalinotérreos | Lantánidos | Actínidos | Metais de transición |
Metais do bloque p | Metaloides | Non metais | Halóxenos (non metais) | Gases nobres |
- Siglas incluídas na táboa
- GSI, Gesellschaft für Schwerionenforschung (Sociedade para a Investigación de Ións Pesados), Wixhausen, Darmstadt, Alemaña.
- JINR, Joint Institute for Nuclear Research (Instituto Unido para a Investigación Nuclear), Dubna, Moskvá Oblast, Rusia.
- LLNL, Lawrence Livermore National Laboratory (Laboratorio Nacional Lawrence Livermore) Livermore, California, Estados Unidos.
- LBNL, Lawrence Berkeley National Laboratory (Laboratorio Nacional Lawrence de Berkeley) Berkeley, California, Estados Unidos.
Remove ads
Táboa periódica
- Artigo principal: Táboa periódica dos elementos.
A ordenación destes elementos en función das súas propiedades físicas e químicas, dá lugar á chamada Táboa periódica dos elementos.
Remove ads
Abundancia dos elementos químicos
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads