Trono de sangue
filme de 1957 dirixido por Akira Kurosawa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Trono de sangue[1] (蜘蛛巣城, Kumonosu-jō?, "Castelo arañeira") é un filme xaponés de 1957 co-escrito e dirixido por Akira Kurosawa. Trátase dunha adaptación da obra Macbeth de William Shakespeare, trasladando a Escocia medieval ó Xapón feudal, con elementos estilísticos sacados do drama musical xaponés Noh. Está protagonizado por Toshiro Mifune e Isuzu Yamada.
Datos rápidos Trono de sangue, Ficha técnica ...
Trono de sangue | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 蜘蛛巣城 Kumonosu-jō |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Macbeth de William Shakespeare |
Intérpretes |
|
Música | Masaru Sato |
Fotografía | Asakazu Nakai |
Montaxe | Akira Kurosawa |
Estudio | Toho Studios |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 15 de xaneiro de 1957 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Pechar
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Ó igual que na obra de Shakespeare, conta a historia dun guerreiro que asasina o seu soberano por mor da ambición da súa muller. Malia o gran cambio de ambientación e de lingua e as numerosas liberdades creativas, en Occidente está considerado unha adaptación cinematográfica da obra.