político mongol From Wikipedia, the free encyclopedia
Tsakhiagiin Elbegdorj (mongol: Цахиагийн Элбэгдорж), nado o 30 de marzo de 1963, é o cuarto e actual Presidente de Mongolia. Elbegdorj é un especialista nos mercados emerxentes e foi un dos arquitectos da democracia en Mongolia, unha nación de Asia central situada entre Rusia e a China.[1] Elbegdorj foi elixido por vez primeira Presidente de Mongolia no 2009, e na actualidade está exercendo o seu segundo mandato. Con anterioridade, serviu por dúas veces como Primeiro Ministro de Mongolia, como Vicepresidente do Parlamento de Mongolia e como membro do parlamento por catro veces. Elbegdorj foi un dos principais líderes da Revolución democrática de 1990 en Mongolia, que rematou con 70 anos de goberno comunista no país, e colaborou na redacción da Constitución de 1992, que garante a democracia e a economía de libre mercado. Elbegdorj foi cualificado polos seus partidarios como un "Loitador pola liberdade"[2] e o "Pardal Dourado da Democracia", facendo alusión ó paxaro que chega coa primavera despois dun duro e longo inverno.[3]
Elbegdorj é fundador do xornal Ardchilal (en galego Democracia), o primeiro xornal independente do país, e axudou a establecer a primeira estación de televisión independente de Mongolia.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.